Novas Tecnoloxias

27 octubre 2006


Por certo, teño que presentarvos á miña gatiña. ¿a que é moi guapa?jeje

Hola! bueno por fin acabamos ayer o 1º traballo, buff que peso nos sacamos de encima. claro está, ás portas xa ven o seguinte pro como tamén está aí a ponte haberá que descansar algo. jeje.
por certo a da foto son eu, esta é a miña gran aficción (baile de salón de competición).

26 octubre 2006

Hola a todos!supoño que haberá alguen que lle interese saber que fixemos este luns na clase. bueno pois o primeiro que fixemos foi falar sobre o mapa conceptual, que tantos quebradeiros de cabeza nos troixo a moitos de nós. Digo quebradeiros de cabeza, porque resulta que "supuestamente" había que enviar dito traballo o luns día 23 ó correo da profe, algúns (non todos porque claro algún nin se enterou) pasámonos o finde turrando co Cmap Tools e ó resulta que todo era un ERRO do ordenador da profe. Nese momento creo que como se soe dicir: "se me cortan non sangro", a verdade é que me fastidiou muchísimo, pero pensándoo ben: ¡un traballo menos! A parte disto gustoume moito facer este traballo porque durante todo o finde houbo xente conectada no foro e houba moito compañerísmo.
Despois disto dividímonos polos grupos do traballo para comentar o tema: "Por qué e para qué as TICs na educación".
E por último a profe explicounos algo de como facer unha presentación en Power point.
E até aquí chegou a nosa clase. Até o vindeiro luns.

23 octubre 2006

Hola a tod@s! Vou comentar o que fixemos o luns día 16/10/06, na clase.
A clase durou 3 horas pero tivemos negociando dito horario xa que 3 horas seguidas faisenos bastante. Ó final non nos puxemos dacordo co horario, porque uns decían de facer e descanso e outros apoiabamos máis o de saír un pouco antes.
Logo comezamos a falar do traballo e dispuxémonos a buscar xa información. Comezamos buscando na biblioteca da usc virtual libros que tiveran que ver coa asignatura, non máis antigos de 1999; e fúmolos archivando nun documento de Word, nunha tabla que dividimos en: autor, título, biblioteca, signatura...
Logo disto miramos en novas tecnoloxías un apartado no cal se nos daban uns trucos para buscar máis fácilmente nos diferentes buscadores de internet. Un dos apartados do documento falaba de mapas conceptuais, dos cales tamén hai que entregar un traballo para facer no programa Cmap Tools; un programa novo para a maioría de nós. Este traballo vai ser un reto xa que normalmente as novas cousas asustan nun principio, como tamén o fixeron as novas tecnoloxías
Así me sinto fronte as novas tecnoloxías, como metida nun labirinto do cal é dificil saír porque sempre está en continuas reformas.

A parte de sentirme perdida tamén me sinto novata, xa que é a primeira vez que fago un blog; asique espero facelo o meyor posible e o máis importante aprender para despois poder ensinar.

09 octubre 2006

hola benvidos ó meu blog. Son Míriam alumna de novas tecnoloxías.
A verdade e que son bastante novata nesto de facer blogs pero supoño que co tempo aprenderei. No que refire a novas tecnoloxías sei o básico, é decir, non son ningunha experta.
saúdos