Novas Tecnoloxias

23 octubre 2006

Hola a tod@s! Vou comentar o que fixemos o luns día 16/10/06, na clase.
A clase durou 3 horas pero tivemos negociando dito horario xa que 3 horas seguidas faisenos bastante. Ó final non nos puxemos dacordo co horario, porque uns decían de facer e descanso e outros apoiabamos máis o de saír un pouco antes.
Logo comezamos a falar do traballo e dispuxémonos a buscar xa información. Comezamos buscando na biblioteca da usc virtual libros que tiveran que ver coa asignatura, non máis antigos de 1999; e fúmolos archivando nun documento de Word, nunha tabla que dividimos en: autor, título, biblioteca, signatura...
Logo disto miramos en novas tecnoloxías un apartado no cal se nos daban uns trucos para buscar máis fácilmente nos diferentes buscadores de internet. Un dos apartados do documento falaba de mapas conceptuais, dos cales tamén hai que entregar un traballo para facer no programa Cmap Tools; un programa novo para a maioría de nós. Este traballo vai ser un reto xa que normalmente as novas cousas asustan nun principio, como tamén o fixeron as novas tecnoloxías