Hola a todos! Jo! estou moi triste porque só nos queda esta semana de prácticas. Estes días xa lles dixen a todos os nenos que esta era a miña última semana no colexio, e todos me preguntaron que pa que colexio tiña que ir despois, e tamén me preguntaron se ía volver. dixenlles que se me deixaban que para o ano que volvía e todos se pux
eron moi contentos, ata os de 6º me dixeron que querían suspender para volver a estar comigo. A verdade e que xa estou desexando que cheguen as prácticas do ano que ven, e que se lles colle moito cariño a todo.Bueno esta semana seguimos preparando o festival de Nadal, os rapaces de 6º van facer unha obra en inglés, e os outros cursos van cantar unhas panxoliñas.
por último só quero comentar que para min esta temporada de practicas non as vou olvidar nunca, está sendo para min unha experiencia inolvidable.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home