Novas Tecnoloxias

18 enero 2007


Hola de novo!!


O venres pasado achegueime ó colexio no que fixen as prácticas, e á parte da calurosa benvida que me deron tanto os mestres como os alumnos, houbo outra cousa que me sorprendeu. Todas as aulas do colexio, e non só a aula de idiomas conta cun ordenador. Cando cheguei á clase estaban os alumnos de sexto traballando no ordenador co CD que trae o seu libro de texto.


Esta semana na clase de novas tecnoloxías abordamos diferentes temas:
- Comezamos resolvendo as dúbidas que tiñamos sobre a WebQuest.

- Logo a Adriana introduciu o último proxecto, o portafolios, que ten como data límite do 5 ó 9 de febreiro. Buff, a verdade é que me parece o proxecto máis difícil de todos, xa que aborda todos os puntos que tocamos durante o cuadrimestre, pero tamén todos os nosos aprendizaxes.
- Para rematar a clase, vimos un vídeo, no cal se explicaba a historia e a utilización dun programa: Squeak. Vendo este vídeo, dinme conta de que eu en primaria na horas de informática, traballábamos con dito programa.


Sinceramente, síntome un algo agoviada con todo o que me ven encima, xa que vexo moi difícil este último proxecto, pero aínda porque só sexa o último voulle poñer ganas para así poder conseguir unha boa nota.