Novas Tecnoloxias

19 diciembre 2006


Hola a todos! Jo! estou moi triste porque só nos queda esta semana de prácticas. Estes días xa lles dixen a todos os nenos que esta era a miña última semana no colexio, e todos me preguntaron que pa que colexio tiña que ir despois, e tamén me preguntaron se ía volver. dixenlles que se me deixaban que para o ano que volvía e todos se puxeron moi contentos, ata os de 6º me dixeron que querían suspender para volver a estar comigo. A verdade e que xa estou desexando que cheguen as prácticas do ano que ven, e que se lles colle moito cariño a todo.
Bueno esta semana seguimos preparando o festival de Nadal, os rapaces de 6º van facer unha obra en inglés, e os outros cursos van cantar unhas panxoliñas.
por último só quero comentar que para min esta temporada de practicas non as vou olvidar nunca, está sendo para min unha experiencia inolvidable.

12 diciembre 2006


Hola de novo a todos!! ¿Cómo levades o comezo desta 4ª semana? eu estou encantada por min non volvía á facultade jeje. É verdade que os nenos veñen un pouco alterados da ponte, pero a min xa me tardaba moito que acabara para volver outra vez. cousa que nunca me pasa na facultade :P

Esta semana estamos comezando a adornar a clase, onte puxemos a árbore de Nadal e os nenos máis pequenos estiveron pintan fichas que teñen como tema esta festividade. Tamén estamos a preparar un festival de Nadal, como se fai todos os anos.
A mestra de inglés todos os anos prepara algo en inglés, e este ano puiden axudarlle a preparar as cousas. Os nenos dende 3 anos a 2º de primaria van ir entrando ó escenario e todos van ir pegando un cículo branco na parede ate formar un árbol. Mentres este fan isto, o resto dos alumnos cantan villancicos.